EN BREVE TRANS MIÑO LGTBIQ+ INICIA UN ESTUDO SOBRE SAÚDE SEXUAL E PREVENCIÓN DE ITS
Dende a Asociación Trans Miño LGTBIQ+ reafirmamos o noso compromiso co benestar, a información e o coidado integral da comunidade LGTBIQ+ e da poboación en xeral da nosa contorna.
Por iso, nas vindeiras semanas poñeremos en marcha un estudo participativo a través do «Cuestionario sobre saúde sexual, prevención de ITS e acceso a recursos no Baixo Miño / Área de influencia de Vigo».
Cal é o obxectivo do estudo?
O principal propósito desta iniciativa é obter unha diagnose clara e actualizada sobre:
- O nivel de información e coñecemento arredor das Infeccións de Transmisión Sexual (ITS).
- O acceso real aos recursos de saúde, prevención e probas de detección na comarca do Baixo Miño e na área de Vigo.
- As necesidades específicas, barreiras ou dificultacións que atopa a poboación á hora de acceder a servizos de saúde sexual.
Como podes participar?
A recollida de datos realizarase mediante un formulario en liña rápido e sinxelo. A participación será totalmente confidencial e anónima. Os resultados axudarán a deseñar futuras campañas de sensibilización, obradoiros e accións comunitarias adaptadas ás necesidades reais da nosa contorna.
Nas próximas datas activaremos a ligazón ao cuestionario e compartiremos toda a información a través da nosa web e redes sociais.
A túa participación conta. Axúdanos a facer do Baixo Miño e da área de Vigo un espazo máis informado, seguro e inclusivo!







