No marco das recentes Festas del Monte, na Guarda un espazo de especial relevancia foi o Punto Violeta Arco da vella. Esta caseta, situado nos xardíns do Centro Cultural, funcionou como un centro de referencia para a prevención e atención ante situacións de violencia xénero e lgtbifobia.
Obxectivos:
O Punto Violeta Arco da vella naceu co obxectivo de promover unhas festas seguras, inclusivas e respectuosas para todas as persoas, independentemente do seu xénero, orientación sexual ou identidade. Buscábase ofrecer un espazo de información, acompañamento e derivación aos servizos especializados en caso de necesidade.
Actividades e resultados:
Durante os días da festa, un equipo profesionais e de voluntariado formadas atendeu a numerosas persoas que se achegaron ao momento. Facilitouse información sobre os recursos dispoñibles na comarca para vítimas de violencia, así como sobre protocolos de actuación ante agresións.
Así mesmo, levouse a cabo un labor de sensibilización a través da distribución de material preventivo como foron os preservativos tanto masculinos como femininos a repartición de cobre vasos así como tarxetas cos sinais internacional de emerxencia entre outros materiais.
Os resultados
Foron moi positivos, cunha gran afluencia de público e un feedback moi favorable por parte da cidadanía. Atendéronse a un número elevado de persoas que se allegaban a buscar material de prevención así como a informarse dos diversos servizos.
Conclusións:
A experiencia do Punto Violeta Arco da vella nas Festas del Monte foi un éxito e demostrou a importancia de contar con espazos deste tipo nos eventos festivos. É fundamental seguir traballando na promoción da igualdade e o respecto en todos os ámbitos da sociedade.
Agradecementos:
Queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron neste proxecto: voluntarios, voluntarias, entidades colaboradoras, concello, etc. O seu esforzo e dedicación foron clave para o éxito do Punto Violeta Arco da vella.

