TRANS MIÑO XA SE PREPARA PARA A GRABACIÓN DO VÍDEO PROMOCIONAL DO FEST LGTBIQ+ DO MIÑO

Cada día estamos máis preto de poder celebrar o III Fest LGTBIQ+ do Miño, nesta semana que entra procederase a dar uns dos pasos máis importantes deste festival.

Xa se escolleron as zonas onde se vai a gravar o vídeo promocional do Fest. Así que se vedes rúas cortadas ou lugares onde se adoita estar de esparexemento pechados é pola rodaxe do mesmo agradecemos a todas as persoas a súa comprensión, os lugares de rodaxe quedan gardados baixo secreto para que sexa totalmente sorpresa, aínda que xa vos imos adiantando algo nos «nos imos a ter que mollar».

Doutra banda xa esta botas a maquetaciones, tanto do cartel como do programa, esta semana procederemos a visitar aos locais, para solicitarlle a súa colaboración, dado que o que se recade será integramente para cubrir os gastos do devandito festival, que ascende a un orzamento de 10.000€. Por iso facemos un chamamento aos comerciantes para que nos poidan botar unha man, para poder gozar de tres días de actividades que atraerán xente ao noso pobo.