TRANS MIÑO LGTBIQ+ TERA UNHAS XORNADAS DE FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO E EN LGTBIfóbia

Trans Miño LGTBIQ+ segue adiante co proxecto de formación, tanto interna como externa. As xornadas formativas serán no propio local da asociación situado nas instalacións municipais do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, no bloque onde se sitúa o albergue de peregrinos, os sábados 6 e 13 de maio de 10:00 a 12:30 a formación será totalmente gratuíta.

As xornadas de formación están abertas a todo o público a partir de 16 anos, os obxectivos que ten Trans Miño LGTBIQ+ con estas xornadas, é a de ofrecer os coñecementos e as ferramentas para identificar e erradicar, os indicios da violencia de xénero así como a homofóbia. Á parte, servirá para ofrecer ao alumnado a posibilidade de colaborar coa asociación neste punto, reforzando desta maneira os Puntos Violeta-Arcos da vella, cuxa obxectivos é ofrecer a información e as ferramentas para a loita contra a violencia.

Pasarse polo propio local,

Teléfono:626 420 874

A través  da ligazón que aparecerá no apartado de blogue na páxina web da asociación www.transmino.gal

https://forms.gle/may33p9xHwAUKZdBA