TRANS MIÑO LGTBIQ+ SACA A SÚA PRIMEIRA ACCIóN FORMATIVA CONTRA O BULLYING LGTBIFóBICO

O departamento de Educación a Diversidade, que pertencente á Asociación Trans Miño ven impartindo charlas formativas nos centros educativos, co programa Eduquemos a Diversidade, este programa xa estivo no IES A Sangriña (A Guarda), no IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), no IES San Paio, no Indalecio Pérez Tizón (Tui) e no CPI Cova Terreña de Baiona.

Tras as avaliacións feitas tanto ao alumnado como ao profesorado podemos concluír o seguinte. O profesorado encontrouse con falta de formación para facer fronte a unha diversidade cada vez maior do alumnado. E o alumnado recoñecía haber casos de agresións e de bullying LGTBIfóbico no seu centro.

Trans analizar os casos durante estes tres anos detectan unha necesidade a cal se lles dá resposta desde o departamento de Educación e Diversidade con un novo programa. Os obxectivos deste programa son facilitar as ferramentas necesarias para que teñan os coñecementos e as habilidades así como as capacidades para corrixir esta deficiencia que se detectou. Para iso o departamento de Educación na Diversidade xunto con Trans Miño LGTBIQ+ elaboran a primeira Acción Formativa, levando por título Prevención, Detección e Intervención Bullying LGTBIfóbico, que se celebra na Guarda. Os obxectivos desta formación capacitará ao alumnado para prevención, detección, intervención sobre o bullying LGTBIfóbico, coñecer como intervir nun caso de Bullying LGTBIfóbico e promover a diversidade afectivos sexual. Sendo os destinatarios todo aquel persoal relacionado con ámbito socio-educativo, profesionais da educación tanto formal como non formal e os monitores das actividades de lecer e tempo libre.

Departamento de Comunicación e NTIC´s.