O CONCELLO DE TOMIÑO SUBVENCIONA O PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ITS QUE ESTA LEVANDO A ASOCIACIÓN TRANS MIÑO LGTBIQ+

“Solicitaremos unha entrevista coa Concelleira o Concelleiro da área de igualdade e coa Alcaldesa, onde se lle exporá os programas que esta facendo a asociación e a sinatura dun convenio de colaboración. Con esta subvención podemos dar continuidade Programa de Prevención de ITS”

A Asociación Trans Miño LGTBIQ+ vén de participar no concurso de concorrencia competitiva que organizo o Concello de Tomiño, para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades sociais durante ano 2023.

Con esta subvención, que ascende a 365.00€ dá continuidade ao IV Programa de Prevención de ITS. Este programa consta da repartición de forma gratuíta de material de prevención, así coma a realización das probas rápidas de VIH hepatite C. Que leva desenvolvendo dita asociación, con carpas postas en eventos que ben son organizados por Trans Miño LGTBIQ+ propiamente, e nas diversas colaboracións co tecido asociativo deste concello.

Desde Trans Miño LGTBIQ+, estamos á espera de que o día 17 de xuño tomen posesión a nova corporación. Onde solicitarán unha entrevista coa concelleira ou concelleiro que leve o ámbito de benestar e igualdade, xunto coa Alcaldesa Sandra González, onde lle explicaremos os programas que dende Trans Miño  LGTBIQ+ estamos a levar, así como lle proporemos a sinatura dun convenio de colaboración para manter os programas que dende a asociación Trans Miño LGTBIQ+ estamos a afrontar, para a erradicación dos casos de LGTBIFóbia, e ó acoso escolar, que están a sufrir varios alumnas e alumnos, deste concello, que se teñen que desprazar a oficina da delegación da Guarda, pala ser atendidas e atendidos polo persoal técnico da asociación.

Desde Trans Miño LGTBIQ+ queremos agradecer publicamente este apoio que nos dá o Concello de Tomiño