Xuntos sempre, unidos na diversidade

Todo empezou un 17 de maio 1990 para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde, por tales  motivo conmemórase o Día Internacional contra a Homofobia, Bifobia e Transfobia. Discriminación da cal son obxecto as persoas con preferencias sexuais diferentes ás convencionais como é o caso dos homosexuais, os transexuais, os bisexuais e as lesbianas en todo o mundo.

Nun momento no que o progreso logrado en todo o mundo esta en perigo, é fundamental recoñecer o poder da solidariedade, a comunidade e a alianza entre diferentes identidades, movementos para seguir loitando polos dereitos das persoas gais, Transexuais e lesbianas

Non podemos esquecer a todxs aquelas persoas que loitaron para que este día fose unha realidade, por ellxs temos que seguir loitando polos dereitos das persoas que a día de hoxe sofren a homofobia nos centros educativos, nos lugares de traballo e o que é peor nas nosas rúas

Para iso temos que elaborar protocolos de actuación, revisalos e actualizalos tanto nos centros de traballo como nos centros escolares. Así como formar á nosa Polícia Local para que saiba facer fronte a estes caso ao persoal administrativo do Concello, para que non caian en micro agresións  e que na Guarda digamos todos xuntos o lema da campaña do ano 2023 «Xuntos sempre, unidos na diversidade»