TRES LONGOS ANOS ESPERANDO QUE SE FAGA XUSTIZA.

A morte de Samuel Luiz, parece que xa quedo atrás pero a comunidade LGTBIQ+ de Galicia non esquece, que fai tres anos que xa non esta connosco.

No día de hoxe é noticia de todos os medios de comunicación que o próximo día 16 de outubro ábrese, por fin, un proceso que causou un gran balbordo na Coruña, pero non só na cidade herculina, senón que tivo e ten transcendencia a nivel nacional e, se cabe, tamén internacional.

O asasinato de Samuel Luiz é un caso de asasinato por unha agresión homófoba en grupo que finalizo co seu falecemento.

Hai que lembrar que Samuel era un mozo español de orixe brasileira que faleceu 3 de xullo de 2021 aos 24 anos, ao ser increpado por unha parella nas inmediacións dunha discoteca onde acudira cun grupo de amigos.Desde Trans Miño LGTBIQ+ só pedímoslle á xustiza, iso mesmo que faga xustiza con eses verdugos que nesgaron a vida do mozo de 24 anos, agardamos que a sentenza sente precedentes para que non volva a suceder.