Desde a asociación Trans Miño LGTBIQ+, manifestamos o noso máis profundo rexeitamento aos insultos HOMÓFOBOS acaecidos na tarde do domingo no Campo de Futbol da Sangriña (A Guarda), onde se disputaba o derbi feminino entre os equipos de Terceira División Galega, UD Guardesa contra FC Tomiño “B”.
Nun momento do partido, acaecéronse devanditos insultos por parte da afección visitante (do FC Tomiño), dirixidos cara unha traballadora; Insultos como “zorra”, “filla de puta”, “lesbiana de merda” ou “estás mal follada”.
Desde Trans Miño LGTBIQ+, poñémonos á beira da traballadora, ofrecéndolle todo o apoio necesario, así como xurídico, por se esta vítima quere proceder a poñer a correspondente denuncia, entre outras medidas, Dende Trans Miño LGTBIQ+ procedemos a poñer esta agresión en coñecemento do Observatorio Gallego LGTBIQ+, para que si lo observa necesario actúe ante los organismos competentes.
