Observatorio Transfronterizo
Asociación que loita polos dereitos das persoas LGTBIQ+
Introducción
O Observatorio Trans Miño contra a LGTBIfobia é un servizo dedicado a escóita, asesoramento, rexistro e denuncia dos incidentes ou delitos de odio cun compoñente LGTBIfóbico. O anonimato e a gratuidade son a base do noso traballo. Outra das nosas máximas é que o servizo se ofreza a toda a poboación, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero. Atendemos numerosos casos de persoas que queren saber como apoiar máis e mellor á comunidade LGTBI. Segundo datos doutros observatorios da CC.AA Galicia o incremento dos delitos de odio foron de 82 casos no ano 2021 un 70,83% máis en relación ao ano anterior, deles 58 dos delitos e incidentes de odio non son denunciados. Isto revela dous problemas: por unha banda, a situación de desamparo das vítimas; doutra banda, a falta de datos actualizados nesta materia. Os diferentes observatorios repartidos polo territorio nacional, a pesar dos seus escasos recursos, tratan de visibilizar esta discriminación e demandar ás administracións a implementación de políticas que protexan á comunidade LGTBI.
Este servizo nace a finais do ano 2022 como resposta a varios casos de acoso escolar. Xestionado pola nosa asociación, pretende facilitar a comunicación entre as administracións e as vítimas. O observatorio inspírase en modelos como o observatorio Coruñes «Ás Coruña» contra a LGTBIfobia.