Santiago, 27 de Maio de 2026
O Observatorio Galego LGTBIQ+ reuniuse en sesión ordinaria para analizar o balance das políticas de diversidade da Xunta de Galicia e aprobar as liñas estratéxicas dos próximos meses.
Durante o encontro, formalizáronse cambios institucionais nas vogalías e presentáronse iniciativas crave como :
- «Galicia Libre», orientada a erradicar as fobias individuais.
- E a plataforma «Presentes», enfocada en dar maior visibilidade ás mulleres do colectivo.
- Así mesmo, destacouse o éxito dos plans de formación entre 2023 e 2025, un período en tendencia alcista que se reforzará co lanzamento de cinco novos cursos que ofrecerán un total de 270 prazas e 122 horas lectivas.
- No bloque estatístico, examinouse o informe de incidentes de odio correspondentes ao ano 2024. Aínda que os datos reflicten unha evolución á baixa en comparanza con 2023, as conclusións advirten de que a vía pública mantense como o escenario principal onde se rexistran este tipo de agresións.
Por último, avanzouse na inclusión sociolaboral e educativa co apoio do grupo de estudos das universidades. Así mesmo, para paliar a falta de representación no deporte galego, colabórase a nivel estatal nunha nova normativa e formación sobre respecto e diversidade para as federacións, prevista para setembro de 2026.
Desde Trans Miño LGTBIQ+ fixéronse 3 observacións para á Dirección Xeral, Saúde Pública:
- «Se está a facer algún estudo sobre o tema CHEMSEX a nivel autonómico?»
- «Qué pasos estánse dando desde a Dirección Xeral de Saúde Pública baixo o Plan SexSan para a dixitalización dos datos das probas rápidas tal como se acordou nunha reunión onde se nos presentou dito plan?»
- «Está permitido o consumo de bebidas enerxéticas nos recintos deportivos?»
As preguntas trasladaránse á Consellería de saúde.
Para rematar, os alumnos de prácticas da asociación Trans Miño LGTBIQ+, Robert e Adrián, tiveron a oportunidade de entrevistar á Directora Xeral María Quintiana Pérez e ó Presidente da nosa asociación.
