O festival III Fest LGTBIQ+: do Miño vén de abrir unha páxina na rede social Facebook, co obxectivo de ofrecer ao público toda a información sobre o evento. A parte de que, estás noticias estarán colgadas nos perfís de redes sociais de Trans Miño LGTBIQ+ así como na páxina web da asociación www.transmino.gal.
Desde a organización está a traballarse duramente, para levar este obxectivo a bo porto, mantendo reunións con administracións públicas , asociacións e con particulares, que están a demostrar o seu apoio a esta iniciativa que vai xa pola súa III edición.
A actividade que terá este festival son os concertos, para o cal se está pechando co último grupo, para poder sacar á luz os nomes dos grupos. Seguen adiante a venda de rifas para o sorteo dun cheque regalo de 100€, así como en breve poñeremos novas actividades.
#festlgtbiqdomiño #festivalLGTBI #lgtbigalicia #comunidadelgtbi #festival2024 #orgullo2024 #orgullogay #OrgulloGalego #lgtbiq Foto Mar de Blues