A ASOCIACIÓN TRANS MIÑO LGTBIQ+ PRESENTA PROGRAMA EDUQUEMOS  NA IGUALDADE.

A presentación tivo lugar este pasado venres no local da asociación, nas antigas escolas Manuel Rodríguez Sinde da Guarda.

Devandito programa xa cumpre a súa IV edición, presentándose as novidades deste ano. Estas novidades veñen tras a participación do equipo educativo da asociación, no curso de posgrao de Diversidade Xénero e Afectivo-Sexual que tivo lugar na universidade de Xaén este verán..

Estas novidades, ampliaranse á formación do público obxectivo; como son as AMPAS, alumnado, os propios claustros de profesorado, así como os/as monitores/as de actividades extraescolares comedores e transporte.

O obxectivo destas xornadas, é a formación deste persoal para a detección precoz de calquera tipo de abuso ou acoso, que poidan sufrir o alumnado tanto dentro como fose do recinto escolar. Outro dos obxectivos é o apoio que desde a asociación Trans Miño LGTBIQ+ quere ofrecer á nova figura de coordinador de benestar, que será o encargado de, figura que ten que estar instaurada en todos os centros educativos.

Os coordinadores de benestar tamén son responsables de desenvolver programas e actividades que promovan o benestar dos estudantes. Isto pode incluír a organización de eventos de sensibilización, talleres de desenvolvemento persoal e actividades extracurriculares

Departamento de Comunicación