“Realizarse a proba de VIH axuda a achegarse ao seu cura”. Este és o slogan que Trans Miño LGTBIQ+ escoguio para celebrar o Día Interrnacional de Probas do VIH.
Este ano Trans Miño LGTBIQ+ veu facendo unha campaña para dar a coñecer as probas de cribado do V.I.H.
Esta campaña levo durante toda a semana pasada ao coordinador da asociación, Xermán Cordero Verde, a participar en diversas entrevistas en barios medios de comunicación.
No día de hoxe dábase por pechada esta campaña, por este ano, cunha mesa informativa non, onde se deron a coñecer os datos estatísticos desta probas.
Esta asociación abarca unha influencia de 47.639 usuarixs das comarcar do Val Miñor, Baixo Miño, Louriña e Condado Paradanta. O número de probas realizas neste 2024 son 50 onde a media de idade dos usuarixs é de 16 a 40 anos en porcentaxe 33% corresponde á comarca do Baixo Miño,20% Val Miñor, 25% Louriña e 22% Condado Paradanta.
Estes datos foron presentados no día de hoxe na mesa informativa que dita asociación realizo no Concello da Guarda, onde o persoal da asociación contesto as dúbidas dos usuarixs que se foron achegando, dúbidas como; que se a proba necesita sangue?, “non simplemente cunha mostra de saliva é suficiente” canto tempo tarda en facerse a proba? “en 20 minutos tes os resultados” que pasa se dou positivo? “terase que confirmar ese positivo con máis probas”. Etc.
Desde Trans Miño LGTBIQ+ mostraron a súa preocupación polo número tan baixo que de probas que se esta dando, aínda que este ano esta en alza, facendo un chamamento a que todo as persoas, que teñan máis de 18 anos e empezo a experimentar con relacións sexuais, relacións sexuais esporádicas, ou non sexan sempre coa mesma persoa, animáronlles a realizarse unha proba de cribado. Tamén fixeron referencia ao servizo de repartición condóns tanto masculino como feminino, totalmente de forma gratuíta.
Para realizar a proba de cribado, non é necesario solicitar cita previa. Tanto para realizar a proba como para recoller os condóns só e necesario acercarse as oficinas que a asociación ten no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde o lado do albergue de peregrinos.